Denomino xogo de culto, aquel na que as opinións dos seus xogadores non están non plano medio, é dicir, están os que consideran dito título como unha fodida obra de arte, e os que pola contra, pensan que é un dos xogos máis malos dos últimos tempos. Pois ben, podemos decir que Scribblenauts é un dos exemplos máis claros de xogos de culto, polo que podedes estar seguros que haberá xente que lle pareza xenial e a outros insultante.
Deste título xa teño falado algunha que outra vez na Memoria, e de feito, chamábame bastante a atención grazas á súa orixinalidade, porque se recordades o título permitíanos escribir calquera palabra ( ata máis de 22.000 ), e dita palabra convertitíase en algo físico para o protagonista do xogo. Pero despois de probalo, o resultado foi bastante indesexado, e como dixen, haberá xente que lle encante, pero a min non me gustou en absoluto.
A nosa única misión será chegar ( ou atopar ) unha estrela que estará escondida polo escenario, simplemente isto. Pero non estedes pensando nun plataformas estilo Mario ( oxalá !), nin de broma. Diferenzamos dous tipos de fases, as que temos que percorrer dun lado a outro ata conseguir dita estrela e nas que abonda con escribir as palabras correspondentes para conseguir o noso premio.
Nas que nos vemos obrigados a recorrer o escenario ( que por certo, non pensedes que son enormes escenarios, na maioría das veces son escenarios rectangulares e demasiado pequenos ), son as misións máis complexas. E a complexidade erredica en dous factores, o primeiro e a pésima xogabilidade que ten e a segunda está na forma de resolver os puzles. Este último factor é o máis relevante, xa que moitas veces chegaremos á frustración ao non saber como superar as adversacións do escenario. Porque como non adiviñemos a palabra exacta que necesitamos para pasar de problema, estaremos atrancados o tempo que sexa. E non só iso, xa que unha vez que te acostumas , sempre acabas usando as mismas palabras ( cama elástica para saltar alturas, pistola para atacar, etc, etc ), o cal remata nun resultado moi monótono.
No segundo tipo de fases, a cousa cambia o 100% xa que nestas a facilidade é esaxerada. Simplemente temos que escribir o que nos piden, se nos piden animais de compañía, pois escribimos tres nomes e xa está.
Así temos un desenrolo do máis descompensado, tanto, que remataredes todas as fases “doadas” e nas outras pasaredes bastante tempo, e dependendo da paciencia de cada un superaredes as fases ou non.
Se falamos do apartado gráfico tampouco é ningunha maravilla, porque ainda que é un dos títulos máis coloridos do catálogo da DS, os dentes de serra que se aprecian en absolutamente todo o título, danos unha sensación de inacabado. Ademais, os escenarios acostuman estar baleiros, os único obxectos e elementos que se aprezan neles son os que necesitamos para pasar de fase.
Así, temos un xogo orixinal, non cabe dúbida, pero o desenrolo faise monótono, pausado e aburrido , polo que me reitero de novo. Haberá xente que acaba engatusado polo seu encanto, pero eu non son desas persoas, tanto que non gustei nada deste título.