7 minutazos de Final Fantasy XIII

Por: Luns, 28 de Setembro de 2009

Desde o TGS chágannos sete “minutacos” dun dos xogos máis hypeados da historia. Como sempre, as secuencias de vídeo son impresionantes e parece ser que volveremos atoparnos con situacións do máis entrañábeis.

O sistema de combate parece fluído e vertixinoso ( algo que me gusta en especial ), pero como sempre, peca do mesmo fallo que todos os RPG, o baleiro dos escenarios ( vese perfectamente nos combates ).

Con todo isto, agardemos a que chegue, que por certo, dame no fuciño que pronto saberemos a data de saída en Europa.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario