Primeiro tráiler de Thexder Neo

Por: Venres, 25 de Setembro de 2009

Noticia dirixida para os nostálxicos das recreativas dos 80, para aqueles que viviron a etapa “matamarcianos” na NES, MSX e similares, porque Thexder Neo volveravos facer desfrutar e rememorar esa etapa de ouro.

Este título é un “remake” no que manexaremos a un robot capaz de transformarse en nave espacial. A didáctica do título está en atravesar os escenarios con centos de inimigos botando man destas dúas perspectivas. Cando controlemos ao robot poderémolo manexar de forma máis doada e disparar en todas as direccións, sen embargo, coa perspectiva de nave, seremos moito máis rápidos e poderemos chegar a lugares inalcanzábeis da outra maneira.

Así, partindo desta base e engadíndolle o deseño dos escenarios, podémonos atopar diante dun “matamarcianos” clásico. Destes que non te das despegado del por unha tempada.

Para que non teñades dúbidas déixovos un vídeo para que vos fagades unha idea do que me estou a referir.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario