A historia continua, e se onte faciamos alusión a unha das técnicas de Sony para que o golpe contra o chan polo fracaso da súa nova máquina sexa máis leve , que por certo, non tiña moito sentido, agora a propia compañía segue engadindo parches ao seu proxecto.

Si, están intentando tapar todos os erros dos que está composta a PSP GO, e moito teñen que tapar. O último que intentan mellorar ( solucionar ) é a inaccesibilidade dos periféricos da PSP normal na PSP GO, e como remedian isto ?, pois moi doado, no Tokyo Game Show presentouse un adaptador que se acopla á nova PSP permitíndoche usar calquera dos periféricos antigos.

adaptador PSP GO

Como vedes, usando isto as medidas da consola aumentan de forma esaxerada ( non presumían fai pouco da redución consistente das súas dimensións? ). Se xa a PSP normal é grande para ser unha portábel, con este accesorio a portabilidade comeza a desaparecer,e so non me credes, mirade esta imaxe:

adaptador e PSP GO

Xa teño visto GPS e cámaras ben máis pequenos, e por certo, como solucionarán o tema dos UMDs que a xente pode ter na casa?, fabricarán outro accesorio similar?, só espero que non, porque se isto sucede, a Sony cáelle o peso do ceo na cabeza… e pensando ben, quizais o mereza.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario