PSP Go cabezon

O que está facendo Sony coa súa inútil polémica consola xa parece un chiste. Se onte facían patente que os xogos na PSN costarán o mesmo que nas tendas físicas  , agora vemos un novo capítulo de: A historia dunha portábel que nunca debeu estar en desenrolo.

Porque SCEE decidíu regalar tres videoxogos da portábel, a aqueles, que aínda que teñan unha versión anterior da PSP, decidan cambiar para á PSP GO. Esta promoción ( eu prefiro chamalo, intento de evitar este previsíbel fracaso a toda costa ) levará o nome de PSP GO Rewards, e durará desde o 1 de outubro ao 31 de marzo de 2010.

Moi ben Sony, isto é o único que sabes facer?, pois vólveme a parecer unha solución pésima e inútil, xa que para facer isto teremos que levar a cabo un proceso que pode resultar bastante engorroso, xa que primeiro hai que mercar a PSP GO, crear un conta, despois insertar un UMD na PSP antiga para que se active o rexistro PSP GO Rewards. A continuación témonos que rexistrar, descargar un tema para a nova PSP, e por e-mail chegaranos un cupón para descargar os tres xogos.Sinxelo, verdade?. E non só iso, xa que só poderemos escoller tres xogos dos 17 que teremos a nosa disposición, e non pensedes que son precisamente actuais: Killzone: Liberation, SOCOM: U.S. Navy SEALs Fireteam Bravo 3, WipEout Pure, Everybody’s Golf, Echochrome, Buzz!: Brain Bender, Master Quiz, LocoRoco ou Patapon, entre outros.

Haber se o entendín ben. Sony pretende que adquira a súa nova PSP GO a 250 €, sabendo que xa teño unha versión anterior coa mesma calidade, e como excusa preténdeme agasallar con tres xogos, que co tempo que teñen o máis normal é que xa os xogara, o se non, é moi doado atopalos a un prezo moi reducido ( e se imos ao mercado de segunda man, xa non che digo). Así, coa nova PSP GO, terei os xogos a 40 eurazos desde a PSN ( sen libro, carátula, nin nada, por suposto ), tamén é certo que non poderei utilizar ningún tipo de periférico que use un USB normal, polo que me podo esquecer dos GPS, cámaras, etc. E para rematar quedareime coa miña colección de UMDs inutilizados ata que Sony nos diga como pensan facelos funcionar na nova máquina ( que xa están tardando demasiado, por certo ).

Ridículo, máis que ridículo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Sony pretende regalar tres xogos aqueles que se pasen á PSP GO”

  1. Anonymous di:

    Amigho, passei por aqui!

    Mola, mola o teu blog!

    séchu

  2. skaltum di:

    Pois haber se nos vemos ( ou lemos ) máis a miúdo, porque ti ben sabes onde atoparme, pero eu coa túa "Nova etapa"…
    Saúdos.

Deixar un comentario