Case dez minutazos de tráiler amósanos o que realmente pode chegar a ser este proxecto de Kojima. Parece que as secuencias emotivas ( e longas ) volverán a sucumbir nesta saga, algo que o anterior título na portábel de Sony, Portable Ops, non conseguía.
Así, moito me da no fuciño que estaremos ante un dos grandes Metal Gear, e se lle engadimos un apartado técnico brillante ( estes títulos son os que realmente nos amosan do que é capaz a PSP ), o resultado é un xogo obrigado.
Non son moi de fiarme dos vídeos prematuros, pero cada un co que se merece, e visionado este vídeo só podo predecir que o proxecto Peace Walker vai dar moito de si, e tranquilos, que no vídeo non aparecen Spoilers, polo menos de forma directa.