Desde que se comezou a falar da PSP GO a min nunca me dou moi boa espiña , demasiadas carencias nesta consola, demasiado cara para todas estas carencias e demasiados problemas están envolvendo a este proxecto que pinta fracaso desde lonxe.
Fai unhas semanas, as grandes compañías distribuidoras ameazaban a Sony con non vender esta nova consola nos seus establecementos, basicamente por dúas razóns, a primeira era o elevado prezo co que sairía ao mercao, e a segunda razón era porque non conta con videoxogos físicos.
Como a Sony non lle convén absolutamente nada que non queiran vender a súa PSP Go , agora pretende levar a cabo unha estratexia para solucionar o problema coas distribuidoras, e atención porque eu aínda non o creo ben, xa que esta suposta solución, non é outra que vender os videoxogos da PSN igual de caros que nos tendas físicas. E despois disto, só quero referirme a todos os lectores que len este post, para que me manden un correo explicándome esta… solución? ( non creo que se deba chamar solución ), que pretende levar a cabo Sony.
Porque eu desde logo non o entendo e cheiro o fracaso absoluto desta máquina desde lonxe, moi lonxe. Alguén pensa que esta estratexia sairá ben?, ou é que Sony pretende decirnos que ten os mesmos costes colgar un xogo na PSN, que gravalo nun UMD, fabricarlle a caixa, crear o seu libro interior, pensar a portada, distribuílo mundialmente, deixarlle certo marxe de beneficio ás tendas…
De verdade haberá xente que estea disposto a pagar corenta euros por un xogo baixado de internet?, persoalmente paréceme unha auténtica tolería e unha irresponsabilidade insultante por parte de Sony.