A verdadeira utilidade de R2D2

Por: Mércores, 23 de Setembro de 2009

Quén vai estar interesado por un robot que amaña naves espaciais e fala de maneira codificada?, ninguén, solución, esta:

Consolas R2D2

Exacto, sacas todo o cableado inútil que podería ter no interior, e énchelo cunha Dreamcast, unha Xbox, unha N64, unha Atari 2600, unha SEGA Saturn, unha NES, unha SNES e unha PlayStation. E non só iso, xa que ademáis inclúe un proxetor, impresionante.

O peor, pois claro, que non trae as consolas de última xeración, pero qué?, desde logo é do máis curioso que se pode atopar con respecto ás consolas. A min aínda me está pegando a risa.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario