búscase

Qué pasa cando SEGA se reúne con Sony o 5 de agosto, e deixa sen protección algunha, un documento con todo o mencionado nesa reunión ?, pois que non tarda demasiado en saír á luz formando un implosión de información verídica ( ou non ) sobre o que pode ser o futuro de Sony.

A verdade é que as estratexias que se propón levar a cabo Sony son do máis satisfactorias, e desde Akihabara Blues, podémolas ver todas. Comezo con esta avalancha de información:

  1. O tan famoso control de sensor de movemento de Sony preténdese que saia á luz na primavera, eso si, en ianquilandia.
  2. Desde logo unha das máis salientábeis é esta. Parece ser que se rumorea, que algún dos xogos orixinais de Dreamcast pode chegar a PSN.
  3. Bayoneta contará cunha edición de coleccionista que contará cunha figura da súa protagonista, ademáis prevense unha Demo en xaneiro.
  4. Tamén novidades en Home, xa que Iron Man 2 poderían ter o seu propio espazo neste mini-mundo virtual.
  5. Barallan a posibilidade de lanzar todos os xogos de Sonic a 100€.
  6. A máis importante nova de todas. Están pensando en vender TODOS os xogos de PS2 en PSN. Por certo, antes deste punto había que ler isto: «PS2 emulator for PS3 (confidential)».
  7. Un novo xogo do cal non se sabe absolutamente nada del, simplemente o nome : Vanquish.
  8. O título que tantos retrasos está a sufrir, Aliens: Colonial Marines terá interoperabilidade PS3-PSP, e como exemplos poñen os títulos de Assassin´s Creed e Batman : Arkham Asylum . Significa isto que sacarán un Batman para a PSP?
  9. Un xogo de Thor.

Como vedes a información é do máis positiva para Sony, pero desde logo quédome coa futura compra de todos os xogos da PS2 en PSN. Imaxinádesvos poder volver xogos ao ICO ou ao primeiro Devil May Cry?, sería un enorme punto a favor para a compañía xaponesa, iso si, que saian a un prezo razonábel, que xa estou vendo o panorama…

Con todo isto, espero que se leven a cabo todas estas propostas e que non se queden só no papel, que por certo, está dando moito que falar polas entrañas da rede, e moito que facer aos avogados ninja de SEGA, pero xa chegan tarde, o mal ( ou o ben ) xa está feito.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario