Recreativa para discutir

Por: Martes, 22 de Setembro de 2009

Estas cousas só pasan no país nipón, unicamente alí, porque atopar unha recreativa que emula discusións de parellas, só pode saír das cabezas xaponesas.

Se aínda non sabedes como vai o tema, mirade o vídeo que vos traio, eso sí, mención especial ao golpe final.

Pois qué queredes, se estou nese local case estou por asegurar que gastaría uns “yenes” en probar esta fricada. Isto só pasa unha vez na vida.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario