Sistema de danos de Gran Turismo 5

Por: Luns, 21 de Setembro de 2009

A maior das críticas que recibíu ao longo dos anos a saga Gran Turismo era o inexistente sistema de danos dos vehículos ( algo verdadeiramente curioso, tendo en conta que é considerado como un dos mellores simuladores da historia, e a verdade, levar un enorme golpe e o coche non sufrir nin sequera un rasguño, quedaba bastante incoherente ).

Sen embargo, na quinta entrega queren amañar esta carencia, e o resultado é este:

Vale, o primeiro que teño que decir, é que o tipo que xogaba non sei que merda quería facer, se queres ver a calidade do sistema de danos, o que tes que facer e chocar de verdade, e non andar tirando cos “conos” de seguridade. Teño tido accidentes ben máis peores e sen querer, non vos podedes imaxinar o que chegaría a facer se me propoño a “escarallar” o coche .

Pero vamos o que realmente nos interesa, despois deses mini-golpes e choques, que podemos decir do sistema de danos?, pois a verdade, creo que deixa bastante que desexar. O vídeo non se ve moi ben, pero raiaduras non parece que teña o coche, aboiaduras mínimas e o único aparentemente salientábel dos choques é que se abren as portas e o capó ao ter un determinado número de accidentes. Non sei , non sei, a min non me acaba de convencer, é máis, non me convence absolutamente nada. Co “hype” que está levando esta quinta entrega, e cos anos que se leva cocendo, creo que debería sorprender en todos os seus apartados, e non conformarse co que todo o mundo espera del.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario