Novo tráiler de Resonance of Fate

Por: Luns, 21 de Setembro de 2009

Tempo atrás decíavos que deixarades pasar un tempo ata saber en qué camiño vai rematar este título , pois ben, agora podemos comezar a intuír a dirección que está a levar Resonance of Fate ( en terras niponas End of Eternity ).

Nesta nova mostra volvemos a observar que o apartado técnico merece as nosas loubanzas, pero o que realmente chama a atención é o sistema de loitas. Sorprende o carácter cinematográfico que adoptan as pelexas, con variedade de inimigos, diferentes movementos e unha velocidade impactante. Pero despois de ver este tráiler pregúntome unha cousa, as armas?, as maxias?, as técnicas?… onde quedaron?, porque a pesar da espectacularidade das loitas , só se aprecian ataques de disparos ( que unha vez acostumados ao apartado técnico e aos ditos movementos de tiros, pode resultar monótono ).

Espero que no título enteiro exista máis variedade de armas, ataques especiais, maxias, multitude de obxectos, etc. Porque qué sería un JRPG sen todos estes elementos?, pois un xogo sen carisma nin espíritu. Pero tendo en conta o que lle gusta aos xaponeses crear xogos de rol e enchelos das máis curiosas técnicas e situacións, dubido moito que fraqueen neste apartado, pero como sempre digo, tempo ao tempo.

Polo de agora mirade o tráiler e opinade.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario