Eu comprendo que fai dous anos a Wii arrasara no mercado, xa que o prezo das outras duas consolas era bastante superior a esta. De fai un ano para adiante a consola de Microsoft comezoua baixar a seu prezo ata límites verdadeiramente sorprendentes ( tendo en conta a calidade da 360 e dos seus xogos ). Aquí xa me comecei a preocupar porque a Wii aínda se mantiña de forma esaxerada como a consola máis vendida do mercado.
Certo é que o márketing da consola de Nintendo foi de matrícula, pero sendo honestos, a calidade dos títulos que saían ao mercado deixaban bastante que desexar. Solución?, comezouse a crear unha burbulla na que se mencionaba que o apropiado para calquera xogador, era ter unhas das dúas consolas competidoras (Play 3 ou Xbox 360 ) combinada cun Wii. O resultado foi inmellorábel, así, a consola branca de Nintendo invadíu a maioría dos fogares.
Pero o conto comezou a cambiar, e se a 360 era a mellor consola referente á calidade/prezo , Sony decidíu tomar medidas ao asunto e crearon a Slim acompañado dunha rebaixa considerábel, 300€ . A rebaixa levada a cabo neste ano polas dúas compañías competidoras, non lle debeu agradar moito a Nintendo, xa que , sobre todo en territorio americano o descenso de ventas da Wii decaeu nun 50 %.
Era normal, a 360 máis barata que a Wii, e agora a Play 3 só a 50 € máis “ca” esta.
Pero por fin, ou eso parece, porque Nintendo non contesta aos rumores ( aínda que se deu a coñecer esta noticia nunha conferencia orientada ao comercio minorista ) , a contestación desta compañía a estas circunstancias é inminente, xa que o 27 de setembro a Wii venderase a 199 $. Supoño que Nintendo non comenta nada para facer vixente esta nova nalgunha feira próxima, e así matar dous paxaros dun tiro. A decir verdade, isto está previsto para o territorio ianqui, pero debido á crise de ventas que esta a sufrir Nintendo coa Wii, moito me temo que se extenderá de forma rápida para todo o territorio. E a verdade, xa me estaban tardando nesta rebaixa, porque gastar 250 € na Wii tendo a 360 a 180 € ….