Pauseninhamente

Por: Domingo, 20 de Setembro de 2009

camiñando

Por motivos os cales non estades identificados, véxome na obriga de cambiar un pouco a miña forma de escribir detalles neste blog. Non cambiarei a miña forma de escribir, opinar e plasmar noticias, o que realmente me vexo na obriga de cambiar ( polo menos ata novo aviso ) é a cantidade de post, xa que neste futuro inmediato postearei simplemente na fin de semana.

Isto conleva varios cambios na miña monotonía. O primeiro e máis importante deles, é que me fixarei basante máis en opinións, críticas ( non só a videoxogos, se non tamén a personaxes…), novas narrativas, etc, é decir, moitas máis cousas propias e persoais que simples noticias ( estas tamén escribirei algunhas, pero as que teñan bastante relevancia no ámbito ).

Como vedes seguirei, e espero que por bastante tempo, aínda que con máis tranquilidade, amodiño, pero andando o camiño, pasiño a pasiño, pero seguro do carreiro, “pauseninhamente”…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario