lost planet

A quén lle sorprendeu este título?, a ninguén, porque xa estamos máis que acostumados a estos insultos indirectos que nos agasallan os creadores destes pseudo-proxectos.

O último videoxogo en infectarse con este virus foi o Lost Planet, tanto, que Jun Takeuchi comentou que o guión non terá ningunha relación co videoxogo. “Pa” flipar.

“ Probablemente non haberá moitas referencias ao videoxogo. De todas formas, o único que sei é que a xente que está traballando no proxecto encántalle o mundo de Lost Planet. Así que sabemos que van usar ese mundo, pero no que a historia se refire, a película é completamente diferente ao videoxogo

Outros douscentos millóns de dólares tirados ao caldeiro do lixo. Gastan unha animalada de cartos para facerse cos dereitos do título para despois pasala por debaixo dos collóns “ghuevos” testículos.

Así, qué podemos esperar?, calquera cousa de ridículo para abaixo. Tanta piratería, tanta piratería, o que de verdade está acabando cos videoxogos son estas adaptacións. Merecen uns paus.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

5 Comentarios a “O filme de Lost Planet, outra enormísima porquería”

  1. Roberto, Teodrak di:

    Pues a mí me ha sorprendido un poco, sí. Sobre todo por la pronta crítica. A mí (personalmente) me parece bien mientras se base en el universo, sobre todo porque el videojuego tampoco es que sea una maravilla…

  2. skaltum di:

    É certo que é demasiado pronto para falar sobre a calidade do proxecto, pero cando os propios creadores avisan que non terá nada que ver co videoxogo… qué podemos esperar?. Eu personalmente opino que o resultado será similar a Starhip Troopers, ou algo parecido.
    A min o xogo gustoume bastante ( aínda que os últimos escenarios eran bastante caóticos ), pero a historia do protagonista é o suficientemente boa como para crear un filme do máis decente, pero claro, non parece que lle interese moito.

  3. Roberto, Teodrak di:

    ¿Y qué problema hay? Un nuevo guión es un nuevo guión. En Starship Troopers fue bastante diferente, ya que sí se basaron en el libro, aunque lo mancillaron por todas partes. Aquí se basan en un universo, y no en una historia.

    Es demasiado pronto.

  4. skaltum di:

    Demasiados exemplos che podería poñer para ter razóns para temerme o peor.
    Se queren facer unha adaptación cinematográfica sobre un videoxogo, pois que se adiquen a iso, porque é o que a maioría dos seguidores do título interactivo queren ver. Non digo que fagan un calco do xogo ( que non o viría mal por outro lado ), pero si pediría que seguisen unhas pautas mínimas, unhas pautas que establecesen unha similitude co videoxogo. Que os que xogaramos ao xogo puideramos identificar partes do filme con partes do xogo. Pero para que queren facer isto se cando poñan en carteleira o título de Lost Planet cun enorme monstro detrás , xa todos os que coñezan ese nome entrarán a vela.
    E tes razón, é demasiado pronto, pero estas conversións teñen un pasado moi malo, pésimo.

  5. Roberto, Teodrak di:

    Entiendo tus temores, no te creas. Solo hay que ver el panorama. Solo digo que mucha gente está confundiendo una película sobre el UNIVERSO Lost Planet con una película sobre el VIDEOJUEGO Lost Planet.

    Es la idea.

Deixar un comentario