primeiro puzle

Fai uns días traíavos o análise do xenial e primeira parte do profesor Layton, e para os que non vos dades aguantado ata a chegada da “Caixa de Pandora”, prevista a súa saída o 25 de setembro, podedes abrir o apetito co primeiro puzle que nos permiten responder os seus creadores.

Para solucionalo, premede aquí.

Si, eu tamén me din de conta, o título é absolutamente igual ao anterior, mesmo deseño, mesmo movemento e ata mesma música. Isto non quere decir que sexa malo, tendo en conta o seu impresionante predecesor, pero quizáis un mínimo de variedade, ou de diferenza non lle sobraba.

Con todo isto, estou atento a súa saída para “ventilarme” outros 135 puzles, e se nos agasallan con máis, mellor que mellor.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario