Se pensades un pouquiño e rememorades todos os títulos que pasaron polas vosas mans, sempre quedan algunas imaxes, escenas, vídeos, ou o que sexa, remarcados de forma especial. Eu vou recolectar algúns deses momentos especiais, polo menos os que máis marcaron na miña persoa.
Iniciando esta mini-sección, falarei dun dos xogos que máis deu que falar na anterior Playstation, a xenial obra de Fumito Ueda , ICO.
Deste título hai varias escenas e apartados que destacan, pero o verdadeiro impacto emocional prodúcese coa escena final. ( se aínda non tiveches a sorte de xogar a este título, e por algún motivo aínda pensas xogalo, cousa que dubido porque está máis que descatalogado, hei de advertir que esta parte será SPOILER ).
A verdadeira alma deste momento erradica en dous factores clave, o primeiro deles é o desenlace final dos dous protagonistas, despois de infinitos problemas que afrontaron, da axuda mútua entre os dous, por fin podemos saír do nefasto castelo, pero non os dous, o pobre rapaciño condenado a morrer no nomeado castelo por nacer cuns extraños cornos, xa salvara a princesa branca en innumerábeis ocasións, e desta volta tiña que ser do revés, o rapaciño cae inconsciente ás portas do castelo, e a propia muller cólleo no seu regazo e móntao nunha pequena barquiña que a empurra lentamente afastándonos do perigo, afastándonos do castelo derrumbándose, afastándonos do mal.
Todo isto non chegaría ás inmensas doses de sentimento se non contase co segundo factor, a totalmente impresionente banda sonora que nos sumerxe na propia situación. You Were There é o título da canción que case ( ou sen el ) nos fai soltar algunha que outra bágoa neste melancólico final.
Agora que tedes a música na mente ( e ahí perdurará durante algún tempiño ), pensade no fantástico final de ICO. A música soando ao lonxe xa nos transmite unha sensación de tristeza, de melancolía, de pena, de desemparo, e ao mesmo tempo vemos como a boa da princesa arrastra de forma pausada a barca donde vai o inconsciente rapaciño. Mención especial á seguiente secuencia e cambio de cámara, na que se nos amosa un plano desde enfronte do barquiño en movemento, e ao lonxe vemos a princesa branca mirando para nós, inmóvil e detrás dela o caos máis inmenso, o castelo desfacéndose en mil anacos.
Xenial, impresionante.
Desde logo é unha das escenas que máis me impactou ao longo dos anos como xogador, merecente do maior premio que poida existir.