Un venres normal, visito as miñas páxinas sobre videoxogos para estar atento ás última novas do sector, non atopo ningunha o suficientemente relevante como para plasmala aquí, ata que entro en Gamesajare e atópome con esta nova.
Un preso escapa da súa retención escondido nunha caixa de cartón. Jajaja, “pa” que despois digan que os videoxogos non serven para nada. Este tipo seguro que se viciou ao Metal Gear Solid un cento de veces, e a súa principal táctica de infiltración era a curiosa caixa que a saga MGS nos ofreceu desde os inicios. Tamén é certo que este curioso preso variou un pouco a utilización, é decir, non comezou a andar dentro da caixa, se non que colocou unhas bolsas enriba para disimular, e simplemente esperou a que o cargasen nun dos camións para fuxir da súa situación.
Eu non é por nada, pero se fose o responsábel desa prisión rexistraría todos os bidóns, que nunca se sabe …