Fai uns anos daba o que fose por pillar un título destas características, e todos recordamos ( con añoranza atrévome a decir ), a pequena disputa que había entre os Ratchet e os Jak & Daxter. Ambos títulos dunha calidade innegábel, pero xa daquelas o conto comezaba a cambiar con cada entrega que saía ao mercado. A saga Jak innovaba con cada videoxogo que creaban, con mención especial á segunda parte ( totalmente impresionante e o mellor plataformas/aventura da Playstation 2).
Sen embargo, os Ratchet & Clank mantíñanse nun inmovilismo absoluto, todos eles xogos clónicos coa única diferenza nas súas armas e… pouco máis. O bo desta similitude entre título e título é que tamén se mantivo o espíritu de diversión que nos sorprendeu na primeira incursión de Ratchet. Pero, chega un punto… que cansa.
Pois ben, todo segue igual, o que vemos neste vídeo podería ser unha parte da segunda entrega de Ratchet ( quitando a melloría do apartado gráfico ). Nada se cambiou, incluso os gadgets son similares ou iguales na maioría dos casos ( alusión ás botas magnéticas ).
Non nego que a diversión estea presente, porque, a quén non lle gusta reventar decenas de robots cunha minibomba nuclear?, pero bótase de menos algo de innovación, un novo cambio, xa levan moitos anos explotando e creando o mesmo, de feito, cada xogo que sacan é máis unha ampliación do anterior que unha nova proposta.
Veña Insomniac, non fagades un copia e pega, arriscade e innovade. Que xa vos vai sendo horas.