Tráiler de Okamiden

Por: Mércores, 9 de Setembro de 2009

Se fai uns días traíavos as primeiras imaxes de Okamiden, continuación de Okami, é o momento de ver este título en movemento. Para isto, amósovos este tráiler en condicións, no que podemos ver algúns movementos e escenarios do futuro título.

A verdade, para tratarse da Nintendo DS, non fraquea no apartado técnico, pero aínda así, sigo con pena por non poder ver un xogo destas características nas consolas de sobremesa.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario