Atención á nova, porque pode que sexa a mellor noticia que poden escoitar todos aqueles que desfrutaron con Sonic na “gran” Megadrive. Estades impacientes?, pois ahí vai. Sega fixo pública un “teaser” na que se nos informa que no 2010 volveremos ver a un Sonic en 2D. Un xogo creado desde cero e rescatando á idade de ouro do ourizo azul.
Non sei que pensaredes, pero despois dos últimos títulos que protagonizou Sonic ( todos de bazofia para abaixo ), alégrame de verdade que volva aos inicios. Imaxinádesvos un Sonic Adventure de última xeración, pero manténsdose fieis ás características que converteron ao porco espiño azul nun icono, é decir, 2D, velocidade de vertixe, escenarios con centos de viravoltas, miles de moedas por recoller, diversión incansábel,…?
Non me quero facer moitas ilusións, porque todos sabemos como rematan estas noticias, pero qué demo, se Sega fai as cousas como debe pode saír un título imprescindíbel. A continuación déixovos co teaser amosado para que vos vaiades facendo unha idea.