Despois de contemplar un claro exemplo de márketing creativo por parte de Ubisoft, decidín buscar algunha que outra cousiña relacionado con esta temática. Claro está que por moitos kilos de bazofia publicitaria e insultante ( supoño que toda publicidade é insultante, pero moito máis aquela que non ten nin un ápice de traballo detrás dela ), sempre aparece algunha compañía que aposta por unha boa campaña, algo que chame a atención realmente, algo que cando miras para tal , quedas mirando un bo anaco.
Desde logo, a compañía pioneira neste aspecto foi Sony, apostando por publicidades verdadeiramente extrañas, inquietantes e orixinais. Algunhas das que se amosan xa son coñecidas, outras delas non tanto, pero non menos…curiosas. Se vos apetece ver a galería completa premede aquí.