Novo gameplay de Uncharted 2

Por: Luns, 7 de Setembro de 2009

Nathan Drake volve aparecer en forma de vídeo in-game para mostrarnos o potencial co que contará a segunda entrega dun dos xogos máis sobrevalorados desta xeración ( que me perdoe o Assassins Creed e o Little Big Planet ).

No vídeo vemos como o noso protagonista debe atravesar un tren en marcha mentres un helicóptero intenta darlle caza. Hai que recoñecer que a espectaculariedade prima ante todo, e o potente apartado gráfico, xunto aos novos combos contra inimigos aumentan este apartado. Pero como sempre dixen, espero que non a “pifien” como na primeira entrega, na dificultade e duración, carentes nos dous apartados.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario