Poucos descoñecen o “arquicoñecido” parche Hot Coffee para o GTA : San Andreas. Parche que che desbloqueaba un minixogo pornográfico, co único obxectivo de ter relacións sexuais ( escenas X ) coas rapazas que aparecían no impresionante “sandbox” de Rockstar.
Pois grazas a este parche, Take Two terá que pagar a abrumadora cantidade de 20.115.000 $. Finalmente, Take Two chegou a un acordo coa “legalidade” ianqui, para que as aseguradores paguen 15.200.000 $ e a compañía os case cinco millóns restantes.
E despois extráñome de que as compañías fagan xogos idénticos, vendo como está o panorama, calquera se atreve a saír un pouquiño do habitual… e unha vez máis, vólvese a deixar patente o tradicionalismo da sociedade ianqui, a restricción que existe sempre que se saia do seu agrado, o control indirecto que oprimen ás compañías e persoas. Máis de vinte millóns de dólares por ensinar unha teta nun videoxogo, honestamente, ridículo.