Análise de Turok

Por: Xoves, 3 de Setembro de 2009

Os dinosauros comen carne, ti eres carne, corre.

turok 1 Esta é unha das pistas e consellos que nos ofrece o xogo cando está cargando a partida, e a verdade, é mellor que lle fagades caso.

A última entrega de Turok estréase na nova xeración cun plantexamento frenético. O que parece ser unha misión sinxela e rápida, convértese nunha misión de supervivencia ao caer a nosa nave nun misterioso planeta. Así, tomaremos o control de Turok, un guerreiro que se deberá enfrontar ao seu mentor nun mundo pragado de dinosauros.

turok 2

Turok, é un deses FPS que entra polos ollos, plasmando desde un enorme bosque cheo de detalles ata un volcán en erupción. Cun modelado dos “lagartos” absolutamente espectacular e unhas texturas dos personaxes bastante logradas ( sen chegar á calidade dos dinosauros ). Pena que este apartado perda folgo nos interiores ( sen dúbida o peor do título ), con escenarios baleiros , lisos, clónicos e monótonos que fai contrapeso na balanza da calidade, quitándolle demasiados enteiros a esta entrega.

Para facer fronte a tanto inimigo, ben sexa animal, artificial ou humano, botaremos man das armas máis poderosas. Comezaremos usando o coitelo , preciso e letal sempre que o inimigo non te vexa antes, logo, cambiaremos ás pistolas, metralletas, lanzadores de plasma, lanzacohetes, granadas, etc, etc, pero como é habitual na saga Turok, a arma por excelencia segue sendo o arco. Preciso, silencioso, gran alcance, imprescindíbel. Por se non é pouco, cada arma conta cun disparo secundario que lle engade maior variedade aos combates. Se con todo isto pensades que a aventura é sinxela… estades trabucados. Decenas de sauros atacarannos sen descanso, e non contedes que vos ataquen de fronte. A selva conta cunha floresta espesa e unha herba demasiado alta, tanto, que a veces caro vos costará ver o que tedes diante. Se a isto lle engadimos que o aire move esta herba continuamente e non sabemos se o que está ahí diante é un dinosauro ou simplemente o vento, a tensión que nos provoca é bastante elevada. E xa vos podedes ir acostumando a sons extraños, berros de velocirraptores, etc, etc. Como digo, non ides avanzar moi tranquilos.

turok 3

Por outro lado temos aos inimigos humanos. Estes estarán ben armados , pero a súa intelixencia artificial deixa bastante que desexar, aínda que para compensar este erro, as súas balas cáusannos moito dano o que nos obrigará a estar cubertos diariamente. O mellor de todo, é conseguir xuntar aos dinosauros con estes soldados para que pelexen entre eles a así aforrar tempo e balas. Principal mención á axuda que nos ofrece o T-Rex nunha das misións ( homenaxeando a obra mestra de Spielberg, Parque Xurásico ).

Hai que mencionar que o desenrolo non nos deixa aburrir en ningún momento, ben polo frenetismo que nos ofrece cada misión, ou pola constante tensión o que o xogador está inmerso.Dono dun final moi digno para a saga, e non me refiro ao argumento, se non , á última situación do videoxogo que nos deixa un moi bo sabor de boca.

Como puntos negros, o xa máis que mencionado apartado técnico nos interiores, a intelixencia artificial dos inimigos, fallos gráficos en momentos puntuais do videoxogo, e en determinadas misións, un punto de control demasiado lonxe do legar da morte. Aínda así, a quén non lle gusta enfrontarse aos máis temíbeis dinosauros? Moi entretido.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario