Despois dunhas semanas recuperándome do forte golpe que nos provocara Ubisoft informándonos da conxelación deste título , paso por Ecetia e atópome con esta noticia. Ubisoft non abandona a segunda entrega de Beyond Godd & Evil.
Superado a alegría inicial e infundamentada ( polo que parece ), comezo a pensar un pouco sobre este feito. Podémonos fiar desta noticia ?, ou foi desde un inicio unha táctica de Ubisoft para “hypear” de forma exhaustiva un dos seus títulos estrela?
Por suposto que quero que este título saia á luz, tendo en conta os antecedentes dos creadores (Rayman e un xenial Beyond Good & Evil ), nada malo pode saír deste proxecto misterioso. Pero moito me temo que Ubisoft pretende que o nome deste videoxogo estea en boca de todos a calquera prezo, de ahí que se desmintan unha e outra vez. E precisamente isto é o que castigo.