Primeiras capturas de Okamiden

Por: Martes, 1 de Setembro de 2009

Fai uns anos aterrizaba na Playstation 2 un xogo que rompía os moldes aos que estabamos acostumados a ver na negra de Sony. O xogo titulábase Okami, e mesturando unha estética preciosa, unha historia memorábel e unha innovación plena, conseguíu manterse, de forma merecida, nas mentes dos xogadores. Anos despois, coa Wii no mercado, sacaron unha versión idéntica para a consola de Nintendo, algo que non convenceu a ninguén, xa que se esperaba de forma máis contundente unha nova entrega.

Fai uns días, e achegándonos máis ao presente, sóubose que Capcom rexistrara en Xapón o nome de Okamiden como futuro título, e aínda que a compañía decidíu non facer comentarios ao respecto, as ilusións dos seguidores da loba branca multiplicouse por infinito. E hoxe pódovos amosar as primeiras imaxes deste título.

Definitivamente, si que será un título baseado no universo de Okami, pero para desilusión de todos, será unha exclusividade da portábel de Nintendo. Imaxinádesvos como sería un Okami multiplataforma para as consolas de sobremesa?. Pois seguide imaxinando, que polo de agora terémonos que conformar con esta nova entrega, e aínda así, estou desexando botarlle a man.

okamiden

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario