[Planeta Phixel] Entrevista a Super Mario

Por: Sábado, 29 de Agosto de 2009

mario 2Moi boas tardes a todos os lectores desta páxina que me siguen día a día… ejeemm… nas miñas tolerías individuais. Despois dun longo viaxe ao planeta “Phixel”  e recuperado da pronunciada espera que sufrimos miles de periodistas para poder falar con Super Mario, aquí estou, enfronte do fontaneiro máis famoso de todos os tempos.

SKALTUM: En primeiro lugar agradecerche estes momentos que nos ofreces , porque xa sei que estás inmerso en varios proxectos e apenas tes tempo libre.

MARIO: A verdade é que non me falta traballo e os madrugóns son continuos, pero o meu representante Shigeru fíxome un oco para poder respondervos as vosas cuestións.

S: Tentarei alonxarme dos tópicos que te envolven , e facer alusión a túa vida profesional desde un inicio, porque non sempre estiveches na cima do panorama verdade?

M: Como todos os traballadores tiven que comezar desde cero. O pricipio traballaba nun cabeleirerio para pagar os meus estudos de interpretación. Por certo, foi a época que deixei medrar o meu bigote, cousa que non lle gustou ao meu xefe, e alegando á miña mala imaxe cara os clientes despedíronme. Pouco despois fixen un casting para interpretar a un actor nunha película, e polas miñas “grandes” dotes seleccionáronme, hei de mencionar que era un filme pornográfico e facía dun fontaneiro que tiña que ir á casa dunha universitaria arranxarlle unhas tuberías, e … que máis vou decir. O típico. (risas). A partir deste filme xa me alcumaron O Fontaneiro, nome que me quedaría para o futuro. Botei un par de anos nesta profesión ata que tiven que compartir piso cun gorila, si, o diñeiro que gañaba non me chegaba nin para ter un piso  propio, o caso foi que este gorila adicábase ao mundo dos videoxogos e grazas a el, tiven o primeiro papel protagonista xunto a Donkey Kong, nome do meu compañeiro de piso, nun videoxogo, e a partir de aquí xa todos sabedes o sucedido.

S: Sorprendentes declaracións. A pesar de toda esa vida axetreada que pasaches, agora es un dos personaxes de videoxogos mellor remunerados da historia. Este feito , fixo cambiar a túa personalidade?

M: A verdade é que cando se comeza a gañar diñeiro, todo o que está ao teu arredor núblase e só pensas no próximo que vas adquirir. Sobra dicir que teño a casa cheo de cacharros inútiles que apenas utilizo. Algo ilóxico tendo en conta que anos atrás apenas gañaba para comer, quizáis este cambio tan brusco deu paso ao meu desfase económico.

S: Non pensas que podes ter un pequeno problema de consumismo?

M: O meu representante de imaxe xa mo reiterou bastantes veces, pero a decir verdade o único gran problema que tiven respecto a isto, foi a discusión que tiven Sonic. Fai anos estabamos a un nivel adquisitivo similar, e os dous tiñamos gran acollida e éxito nos nosos proxectos. Ata que se enfadou comigo porque se decatou que eu cobraba un chisco máis ca el. Este enfado transmiteumo a min e comprei a maior parte dos seus guionistas, directores, etc.

S: Este é o motivo polo que os últimos xogos de Sonic son tan ruíns?

M: Por suposto, un videoxogo necesita de moita xente detrás, e se se carece deste personal, xa sabemos o que nos queda ( risas malignas).

S: Non che parece unha postura bastante infantil pola túa parte?

M: Si, pero el meteuse primeiro comigo… así e todo intento recuperar a súa amizade compartindo protagonismo con el nalgún que outro videoxogo.

S: Deixando a un lado os vosos problemas persoais, por qué creas só para a compañía Nintendo, non che gustaría traballar con Sony o Microsoft?

M: Nintendo sempre se portou moi ben comigo, ademáis, o meu representante Shigeru Miyamoto asinou un contrato con Nintendo impedíndome a miña aparición noutra compañía ata 2100, así que polo de agora seguirei na mesma. E a partir do 2100, xa veremos.

S: Para rematar, fuches denunciado por presunto tráfico de estupefacientes en forma de setas alucinóxenas e acoso sexual a Yoshi, qué opinas sobre este asunto?

M: ………. Teño que marchar, surxíume unha urxencia.

 

Ata aquí a entrevista cun dos personaxes máis coñecidos do panorama “videoxoguil”. Tanta sorpresa provocame unhas profundas ganas de ir ao baño, así que despídome ata a próxima entrevista que faremos en directo desde aquí, desde Memoria Pixelada.

Saúdos.

                                                                              …alguén ten papel de váter?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario