Unha vez que sacaron á luz a data de saída, só era cuestión de tempo para que amosasen algunha captura da versión deste novo GTA.
O resultado é do máis desalentador e frustrante para quen esperaba este famosete título (eu inclusive ). A adaptación que tanto prometían , non é máis que un traspaso idéntico da consola de Nintendo para á de Sony, e por moito que melloren a resolución ( aínda que nalgunhas imaxes parece que nin isto fixeron), o resultado non é nin moito menos o esperado. A perspectiva cenital está ben implementada na DS polas súas carencias técnicas, pero na PSP…
Tiña a esperanza que se convertese noutro GTA tan xenial como os anteriores da PSP, pero polo que parece, Rockstar non quixo facer as cousas ao grande, e conformouse co éxito da DS para intentalo mesmo na PSP sen máis esforzos nin complicacións. Para min xa perdeu demasiados enteiros, e aínda que engadan algunhas misións extra, non calmarán o meu enfado ante este pseudo-proxecto en forma de engano.
Teniendo en cuenta que es un port, y no un juego nuevo, me parece normal.
Por moito "port" que sexa non deixan de ser unhas imaxes frustrantes. A PSP ten bastante máis forza como para conformarse cun simple copia e pega videoxoguil.
Fai uns mese especulárase que incluso poderían cambiar a perspectiva quedando un título similar aso anteriores GTA que ten a portábel de Sony, e isto era precisamente o que tiñan que facer.
Deberían ter traballado bastante máis este título, aínda que tamén temos que mencionar que o tempo de desenvolvemento do xogo foi verdadeiramente baixo.
Pero agora miras estas imaxes e miras as imaxes da DS, e desde logo, a min dame a risa.