Parece ser que Level 5 estase convertindo nunha das grades compañías xaponesas, e sen deixar de lado a súa plataforma favorita, a Nintendo DS, chéganos este xenial vídeo de Another World, un RPG con estética manga que nos traslada a un mundo máxico e fermoso, que nos consegue transmitir unhas expectativas verdadeiramente altas. E tendo en conta aos seus creadores, xa temos unha garantía de calidade asegurada.
Mirade e opinade.
Xa me quedei sen ver o trailer por que disque esta unavalible (ou algo diso) Eino procurar na jujle. SAúdos
Boisimo…uaaaa. que gozada, agora xa so me queda saber Xapones e ter unha DS…creo que é máis sinxelo o primeiro co segundo. Saúdos
Pois non sei porque non cho permite ver directamente, xa que no meu pecé non teño problema ningún.
O primeiro problema esperemos que teña solución, xa que , se non hai ningún problema, chegará a terras europeas, e o segundo dos teus problemas xa é algo máis grave.
Por suposto que a maioría dos xogos desta consola son creados específicamente para colexiales, fetos viventes e outros cerebros inmaduros, pero de cando en vez , surxen verdadeiras xoias, e menciónoche títulos indispensábeis para a portábel de Nintendo por se che se ocorre adquirir unha: Elite Beat Agents ( para min o mellor xogo da consola), New Super Mario Bross, Profesor Layton e a Vila Misteriosa, Advance Wars, Puzzle Quest ( analizado nesta páxina)… supoño que se me pasan algún máis, pero desde logo, estes son obrigatorios para esta consola.
Saúdos.