GTA :Chinatown Wars para PSP xa ten data de saída

Por: Mércores, 26 de Agosto de 2009

chinatown wars

Desde o twiter oficial de Rockstar anunciouse a data de saída do esperado Grand Theft Auto : Chinatown Wars para a PSP . Como sabedes é unha versión do título que saíu na DS co mesmo nome, e chegará ás tendas o 20 de outubro, tanto en UMD como en formato dixital (por se algún inconsciente pretende adquirir a PSP Go).

Personalmente paréceme unha data moi próxima tendo en conta que se anunciou o seu desenrolo aínda non fai moito, ademáis , estou tremendo polo seu apartado gráfico, xa que, aínda que se especula e se intúe que terá un aspecto similar aos anteriores títulos de GTA que saíron na portábel de Sony ( un nivel moi alto), aínda non amosaron ningunha imaxe referente a este título.

E se pretenden plasmar a mesma visión cenital que se utilizou na Nintendo DS?, esperemos que non, esperemos que fagan as cousas ben.

ACTUALIZACIÓN: PARECE SER QUE A DATA DE SAÍDA RETRASOUSE TRES DÍAS ( POR FIARME ) ASÍ QUE DEFINITIVAMENTE , OU ATA OUTRA NOVA, GTA CHINATOWN WARS PARA A PSP CHEGARÁ O 23 DE OUTUBRO.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario