Despois da teórica redución de costes da PS3 Slim, Kaz Hirai, xefe de Sony Computer Entertainment, comentou que esta última versión da PS3 aínda se segue vendendo a un prezo menor co que costa fabricala.
Que quere decir isto?, pois que a PS3 continua sendo un verdadeiro buraco negro no negocio de Sony, e que, ou a PS3 Slim conta con algún aliciente que encareza a súa fabricación , ou esa reducción de costes nun 70% que tanto falaba Sony, non era máis que fume para tapar o mal negocio que lle está saíndo esta consola.
O que pode cambiar unha compañía nunha xeración de consolas a outra, se na anterior xeración era Microsoft o que perdía diñeiro por cada Xbox vendida, mentras a “todopoderosa” PS2 arrasaba no mercado, agora pasa xustamente a inversa.
Conseguirá saír desta situación Sony?, se efectúa os pasos que seguíu a primeira Xbox está claro que non.