Víase vir desde lonxe, a ausencia completa de información sobre este proxecto, excluíndo o impresionante vídeo saído fai uns meses , e a indecisión dos seus creadores , facían prever o peor, e agora ( aínda que non é nada oficial) parece ser que a segunda entrega do infravaloradísimo Beyond Good & Evil atópase nunha etapa de conxelación indefenida.
Aínda non se sabe o por qué desta detención do título, pode ser polas pésimas ventas que tivo a primeira entrega ( e iso que saíu en catro plataformas ) ou que a calidade do proxecto non chegase aos puntos desexados, pero sexa como sexa, é ridículo buscar explicacións a este feito.
Mala noticia para os que esperaban este título, mala noticia para min.