Análise de Wheelman

Por: Luns, 24 de Agosto de 2009

portada wheelman

Título Wheelman
Xénero Aventura, condución
Desenrolado por: Midway
Distribuído por: Atari
Descargas online: Non

Demasiado bombo se lle deu a este título para a pouquiña cousa que é.

Wheelman é un videoxogo producido e protagonizado por Vin Diesel, e aínda que recoñezo que non me desagradan aos seus filmes ( polo menos algúns, con especial mención á saga protagonizada por Riddick), en cuestión de videoxogos a cousa cambia un chisco. Despois dun notábel Assault on dark Athena, quere repetir éxito en Wheelman, pero desta volta o tiro saíulle por detrás ( e xusto por aquí é por onde deberían meter este título os seus creadores).

Nun resumo breve, poderíase definir a Wheelman como unha mestura entre GTA e Porsuit Force, pero sen chegar á calidade de ningún dos dous títulos. A similitude cos Grant Theft Auto son moi claros, a inmensa maioría das misións son de condución, o minimapa da cidade é un calco e incluso conta coas misma misións secundarias como facer de taxista, carreiras ilegais, transportar obxectos nun límite de tempo, etc. E dos Porsuit Force saca o de poder saltar dun vehículo a outro en plena carreira, detalle que queda nun segunda plano, xa que non será necesario esta acción na maioría das misións.

wheelman 1

Pero falemos da aventura principal, presentándonos un guión con diálogos pouco máis que monosílabos e un argumento típico dunha película “das tres da tarde”. O noso protagonista chegará a Barcelona, lugar onde se producen os feitos, e alí infiltrarase en tres bandas rivais cumprindo ordes para chegar a unha determinada persona. A maioría, a inmensa maioría das misións farémolas enriba de vehículos, desde coches , motos, camións e furgonetas ( olvidádevos de transportes aéreos). Ademais, case sempre teremos que perseguir e eliminar a algunha pobre vítima. Como novidades, e detalles propios do xogo, temos as habilidades do noso protagonista a fronte dos vehículos. Poderemos envestir ao resto dos contrincantes usando a palanqueta dereita para votalos fóra da pista, ademáis , cunha condución contínua ( sen chocar con civís ) e eliminando inimigos activaremos o noso “enfoque”, sendo isto unha barra de poder que nos servirá para levar a cabo poderes especiais como relantizar o tempo , ou xirar rápido o coche para eliminar contrincantes que nos acosan desde atrás. A parte disto, o desenrolo é do máis repetitivo e como única variedade, as misións a pe, sendo estas bastantes “simplonas”.

wheelman 2

Se nos remitimos ao apartado gráfico, temos texturas moi lisas e con moi pouco detalle, e se lle engadimos o “popping” que nos acompaña durante todo o videoxogo, temos unha carencia tecnolóxica moi incómoda para os tempos que corren.

En definitiva, pareceume un título moi repetitivo e carente de personalidade, non engancha en ningún momento e como xa dixen, o apartado gráfico non acompaña ( esquecíame, a parte do mencionado anteriormente, temos máis erros gráficos, como a física irreal dos vehículos, aparición espontánea de personas, etc). Xa vedes, unha vez máis o hype volve ser o peor inimigo dos videoxogadores.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario