Fai unhas horas, Bandai Namco fixo público o seu proxecto sorpresa. Trátase dun xogo de aventuras no cal controlaremos a un pequeno protagonista , o cal estará acompañado en todo momento por un ser xigante, de procedencia fantástica e que nos obsequiará con indispensábel axuda no noso traxecto. Non vos recorda a algo?, por suposto, e un calco do xogo de Funito Ueda, The Last Guardian.

Pero non se quedan aquí as similitudes, xa que incluso teñen certa semellanza no apartado gráfico, plasmando un mundo de soños, con paraxes infinitas consoladas por un ceo soleado, construcións medievais …

Poderán plaxiar a apartado gráfico, poderán plaxiar aos protagonistas, pero nunca poderán plaxiar o encanto que envolven aos títulos creados por Fumito, nin ás experiencias que transmiten os seus videoxogos.

Até o de agora quizáis non me crestes moito o que vos dixen, pois máis vale unha imaxe que mil palabras, e máis vale un vídeo que mil imaxes…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario