Si, estou de acordo que reduciron non sei canto a porcentaxe das dimensións da PS3, que consome menos e que o seu peso xa se pode tasar nunha báscula sen que se rompa ( a báscula digo ), pero sendo honestos, aínda é un “cacharro” enorme.
Aquí tedes a diferenza entre a antiga Dreamcast e a teórica PS3 Slim, e como vedes a consola de Sony come sen problemas á branca de Sega ( cómea físicamente, porque en recordos e añoranza, aínda ten moito que andar).
Non poderían reducir máis á consola?, será unha estrataxema para poder presentar dentro dun ano unha versión máis reducida?, valeu a pena esta versión Slim, sendo tan pouco Slim?
Demasiadas dúbidas cara esta versión.
Rcho de menos una consola de sega,siempre me parecieron muy buenas, no entiendo porque no funcionaron bien. Saúdos e apertas
Tampouco sei o por qué da súa falta de aceptación entre os consumidores, pero o que si é seguro, é que todos os que tiveron unha Dreamcast teñen uns recordos de xenial para arriba, e por algo será…
Coido que o mesmo me pasa a min ca miña querida Saturn, o mellor algun día lle volto mercar un xogo…cando sexa rico…por certo, sabes se, aparte do D, saiu algunha aventura grafica para Saturn? Saúdos
Antes de nada teño que mencionar que nunca tiven na miña pososión unha Saturn, polo que non creo que che sexa de moita axuda, pero o que si che podo mencionar é algún que outro título deste xénero, por exemplo:
Myst
Riven
Torico
Atlantis
Discworld
Discworld 2
Estos son os títulos que máis se comentan nos foros con referencia ás aventuras gráficas de Saturn. Espero que che servise de axuda, por certo, alégrome que non se perdan as antigas consolas.
O máximo esa Dreamcast, que viva SEGA carallo!