Novo tráiler de Scribblenauts

Por: Martes, 18 de Agosto de 2009

Xa se comeza a falar deste título, e se fai uns días vos amosaba un par de vídeos nos que se mostraba as peculiaridades do videoxogo, agora chéganos outro tráiler para demostrarnos exemplos clónicos do que nos ofrecerá Scribblenauts.

Personalmente, ségueme parecendo un xogo bastante simple, que só se pode salvar polo seu desenrolo e a súa forma de utilizar a súa curiosa forma de resolver misións.

Veremos en que remata esta arriscada aposta, que aínda así, teño certas esperanzas en Scribblenauts.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario