Anel de Halo

Por: Martes, 18 de Agosto de 2009

Se eres seguidor de Halo, e non tes ningún inconveniente en gastar douscentos e pico euros nun obxecto de dous centímetros, podes facerte con este anel , ademáis , ten varias utilidades, sérveche de “puño americano” ( por se alguén se ri da túa xoia), poderás entrar gratis nos eventos “frikis”,(se isto non sucede podes aplicar a utilidade primeira) e rumoréase de que existen outros tres aneis similares imitando a personaxes desta saga, e se se unen invocarase ao propio Xefe Maestro, o cal manterá unha loita a morte co seu inimigo de aneis , “O Capitán Planeta”.

anel halo

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario