Cando falamos de Madworld, xa asumimos directamente que o vermello predominará no escenario ( e máis sendo un xogo en branco e negro), pois parece que nun inicio ( antes de pasar polos cabronazos filtros de restricción ) a violencia plasmada no título era aínda maior que no resultado final.
Así se amosa no seguinte vídeo sacado en gametráilers , no cal o protagonista empala a un inimigo coas súas propias armas, rematando cun lanzamento do inimigo ao ceo, provocando así unha choiva de sangue.
un chisco sanguente si que é, si, pero tampouco moito máis cos mortal kombat 😀 SAúdos
Non, nin comparación cos "fatalities" dos Mortal Combat ( esperemos a novena parte desta saga de loita que parece ser que volverá ser tan violento como os primeiros, xa que os últimos videoxogos que sacaron eran bastante "lights"), por isto non comprendo porque tiveron que censurar estas secuencias, non quererán pasar dun límete violento na consola de Nintendo?, non sei, pero desde logo non merecía ser suprimido estas partes.