Se fai uns meses vos amosaba a edición steampunk da Playstation 3 ,agora chégalle o momento á consola portábel de Sony.
O método para conseguir unha PSP similar a esta é moi simple:
- Abres a porta do microondas.
- Insertas a túa PSP na bandexa do aparello ( a poder ser non lle teñas moito cariño).
- Cerras a porta do microondas.
- Indícaslle un tempo de un par de minutos ( o tempo depende da versión estrambótica que desexes obter)
- Esperas o tempo necesario e sácala para fóra.
- Mentres non enfría a consola, pódeste atrever a moldeala ti mesmo ( só apto para profesionais).
Como vedes, o resultado final é unha edición “Rapturiana”, perfectamente englobada no mundo de Bioshock.
AVISO: A CREACIÓN QUE SE AMOSA NA IMAXE FOI CREADA POR PROFESIONAIS QUE SE ADICAN DÍA E NOITE A ESTA TEMÁTICA ( A DESTRUCIÓN DE CONSOLAS). É MOI POSÍBEL QUE NON CHEGUEDES A UN RESULTADO AGRADÁBEL SEGUINDO OS PASOS ANTERIORES, POLO QUE NON ME FAGO RESPONSÁBEL DOS VOSOS ACTOS ANTE ESTE POST (TAMPOUCO SEREDES TAN INCONSCIENTES OU?).
e polo o final, eu que fun seguindo o paso a paso…agora teño un feixe de plástico derretido…ummm deixame ollar se furula…XD SAúdos
Jajajaja, e o resultado non sería tan vistoso como o da imaxe ou?
Art deco, mas que esteam punk XD SAúdos