Análise de Ghostbusters: the videogame

Por: Luns, 17 de Agosto de 2009

Ghostbusters_XBOX_360_OWP_v4.5.indd

Nome: Ghostbusters: the videogame
Desnrolado por: Terminal Reality
Distribuído por: Atari
Xénero: Shooter terceira persoa
Multixogador: Non
Modos online: Non

Cando nos referimos aos Cazafantasmas, a todo o mundo lle ven á cabeza a xenial banda sonora dos filmes, os comentarios sarcásticos dos catro personaxes, a súa peculiar forma de darlle caza aos fantasmas… e toda unha serie de características propias que fixeron dos cazafantasmas un fenómeno de masas.

Agora chega ás nosas mans o seu videoxogo, un título caracterizado por un guión e unha historia saída das propias mentes de dous dos actores que daban vida aos cazafantasmas, isto conleva unha perfecta cohesión entre as historias dos filmes e o propio videoxogo, algo que se debe aprezar, pero comecemos polo principio.

ghostbuster 1

Nós controlaremos a un quinto cazafantasmas, “un novato” que se une a este equipo e que lle tocará levar a cabo as misións máis sucias ( por algo é o novato), desde a incursión nun edificio encantado, ata o adentramento nunhas cloacas. Por sorte non sempre iremos sós, ao contrario, na maioría das veces estaremos acompañados por algún dos cazafantasmas, o cal teremos que salvar sempre que quede inconsciente e viceversa (por qué non quixeron incluír un modo cooperativo?).  Así, percorreremos diferentes localizacións dando caza a entes paranormais . Básicamente diferenzamos dous tipos de fantasmas, os que debemos capturar, facendo uso do clásico capturador de fantasmas ( deberemos debilitar ao dito ente ata que as súas  forzas mermen, unha vez feito isto, lanzarémoslle o noso capturador para que absorva ao fantasma ), e os que simplemente temos que eliminar ( deberemos sacarlle toda a vida para que desaparezan). Unha vez diferenzado estas dúas clases, sobra dicir, que teremos moitas clases de seres sobrenaturais, xigantes, invisíbeis, voadores, etc, etc e cada un cun coa súa propia característica, desde lanzar raios ata adoptar calquera personalidade. Como vedes, na variedade está o gusto.

Para facerlle fronte a todo este elenco de fantasmas, contaremos cun total de catro armas, un lanzador de raios, unha especie de recortada “fantasmal”, un lanzador de “mucosa” e un  prototipo de metralleta. Aínda que cada arma conta con disparos secundarios, a escaseza de armas resta emoción ao título, obrigándote a eliminar a cada ser , máis ou menos da mesma maneira. Tamén contamos coas gafas de visión fantasmal, que nos serve tanto para localizar aos fantasmas máis “escurridizos”, como para atopar obxectos sobrenaturais ( estes obxectos sérvenos para completar esta misión secundaria, ademáis, con cada obxecto que atopamos, cóntanos a historia del, detalle que pode gustar aos máis seguidores dos “ghostbuster”).

ghostbuster 2

Se falamos do apartado técnico, temos que mencionar unhas texturas bastante “lisas” pero compensado de sobra cuns escenarios completamente cheos. Olvídate dese baleiro que nos atopamos en moitos videoxogos, xa que en “Ghostbuster” cada localización está repleto de cousas, de obxectos que parecen insignificantes pero que en todo o seu conxunto, fan que os escenarios deste título parezan cheos de vida. Unha pena que os seus creadores non quixesen dar un toque máis adulto ao videoxogo e dotasen aos personaxes desas texturas tan “lisas”…

Conforme ao control, contamos cun movemento en terceira persoa ( a excepción do uso das gafas) aínda que en accións como correr ou esquivar o movemento faise demasiado robótico. Tamén lle temos que sumar a enorme duración dos tempos de carga cada vez que morremos ( tanto que mentras esperamos incluso se permiten o luxo de amosarnos uns vídeos mentres escoitamos a canción mítica dos cazafantasmas). Sorte que non perderemos demasiadas veces, xa que a dificultade non é moi pronunciada, só veremos unha certa dificultade na última recta final do videoxogo.

A duración do modo historia non chega ás 10 horas, polo que se une á cantidade de xogos efímeros, ademáis o título non nos chega doblado ( si traducido), polo que teremos que ir lendo os diálogos mentres avanzamos, algo que se pode facer algo engorroso, e asegúrovos que non vos deberedes perder de vista ningún dos diálogos, xa que a simpatía que emiten estos textos faranche saír máis dun sorriso, algo verdadeiramente difícil de atopar nun videoxogo.

O resultado final é un xogo entretido pero con bastantes carencias, polo que se teño que cazar fantasmas, sigo preferindo o Ghosthunter.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Análise de Ghostbusters: the videogame”

  1. O pastor eléctrico di:

    Vaia diferenza co do MSX. Lembro que a cinta tardaba cousa de 20 minutos en cargar. E o xogo era máis ben frouxo…

  2. skaltum di:

    Home, neste vinte minutos non bota, pero un bo anaco hai que esperar cada vez que perdes a vida, e remata facéndose algo pesado…

Deixar un comentaio a O pastor eléctrico