Tráiler de Rage

Por: Venres, 14 de Agosto de 2009

Onte comentábavos que estabamos a punto de ver o último tráiler do fillo de Id Software, Rage.O resultado, como non podería ser de outra maneira, é impresionante.

Persecucións en coches armados, tensión incondicional por interiores, ataques de bandadas inimigas… e por suposto, todo isto adornado cun apartado gráfico de luxo.

Estarei sendo demasiado benévolo con este título?, non acostumo facelo, pero mirade o tráiler e decídeme se non tedes ganas de xogalo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario