A páxina web oficial da segunda entrega de Mass Effect foi actualizada para mostrarnos unha nova galería de imaxes que desde logo pretende amosar o potencial co que contará este título.
A calidade gráfica está asegurada e polo que parece a narrativa argumentística non se quedará atrás, porque como podedes aprezar nas imaxes, Thane, o asasino “verde” Drell, que xa aparecía no tráiler,
parece que se unirá ao noso grupo.
Pero non ía ser un inimigo noso?, parece ser que Templard necesitará toda a axuda posíbel, aínda que atrevéndome e adiantándome ao propio argumento ( e sen recapaciatar moito, para que nos vamos enganar), moito me temo que esa nova unión ao grupo remata en traición.
Aínda que non sexa así, podedes ver que os cambios de argumentos son constantes e que tentarán sorprender ao xogador, algo que pola miña parte, valoro moito.