Esta noite novo tráiler de Rage

Por: Xoves, 13 de Agosto de 2009

Sobran palabras para falar de Id Software, non necesitamos explicar o que significa Rage para esta xeración de consolas, e todos estamos babexando coma os cans de Pávlov a que chegue ás nosas mans.

Pero a espera aínda vai ser longa, polo que é mellor que nos conformemos coa información que nos ceden con contagotas os seus creadores, e digo contagotas, porque a parte dun vídeo e unhas poucas imaxes , non sabemos moito máis del.

Para solucionar e satisfacer a curiosidade de moitos seguidores deste proxecto ( sobra dicir que me atopo entre eles), a desenroladora John Carmack vai facer público esta mesma noite ás 23:15 un novo tráiler de Rage. Esperemos que revele algo máis sobre o que nos imos atopar neste videoxogo, porque que vai contar cuns gráficos impresionantes grazas ao novo motor Tech 5, é algo que xa sabemos todos.

rage

Dúas horas e vinte minutos, dúas horas e dezanove minutos, dúas horas e dezaoito ……..

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario