Tres xogos por un

Por: Martes, 11 de Agosto de 2009

platinum

Ninguén descoñece Capcom, esta compañía que nos fixo desfrutar con Devil May Cry, Resident Evil, Onimusha, e tantos outros xogos dunha  enormísima calidade . Pois lonxe de conformarse, lanza ao mercado ianqui unha oferta difícil de igualar.

A partir do 8 de Setembro, poderás facerte cos xogos Devil May Cry 4, Lost Planet e Dead Rising a un prezo de 40 euros. En relación calidade/prezo creo que é insuperábel, dado que estamos a falar de tres xogos moi recomendábeis.

Teremos a sorte de que chegue este pack de oferte a este lares do mundo?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario