Elenco de actores para o filme de Tekken

Por: Martes, 11 de Agosto de 2009

tekken

Botándolle unha ollada á Anaitgames atópome cos actores reais que encarnarán aos loitadores da saga Tekken.

Entre todos eles compre destacar a tres (supoño que destacarán por “famosidade” non por boas interpretacións…), que son Jackie Chan, o intocábel, Dave Batista, o animal e Ron Perlman, o “caradeYeti” ( protagonista de Hellboy).

E qué podemos esperar dun elenco de personaxes destas características?, pois unha película semellante á de Street Fighter ( tan mala, tan mala, o mellor non, pero…), que por moito diñeiro se gasten en actores famosos, contratados máis que nada para favorecer a publicidade do filme, o resultado catastrófico vese ás leguas.

Ademáis, por qué escollen sempre os peores xogos para facer versións cinematográficas?, por moi bo que sexa Tekken, non deixa de ser un xogo de loitas, un contra un, e a patadas e puñetazos… que máis pretenden plasmar no cine?

Nunca fun partidario de facer versións cinematográficas aproveitándose da fama do videoxogo ( os exemplos son claros), pero se non hai máis remedio, que os fagan de xogos con certo argumento, aínda que se o penso ben…Silent Hill, Alone in the Dark,Max Payne, etc, todas elas tiñan elementos para adaptarse perfectamente á gran pantalla, pero os creadores encargáronse de forma maxistral de sacarlle todo o bo que conteñen os xogos e facer filmes baleiros de contido, e na maioría dos casos , ridículas.

O único que podo asegurar que vai ser bo na película de Tekken é a actriz que encarnará o papel de Nina Williams, se de cada cinco secuencias do filme, cinco aparece ela, eu doulle o visto bo…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario