Que malos son os domingos, as noticias de videoxogos decaen, as poucas neuronas que nos sobreviven aletárganse indefinidamente, e por se fose pouco, atopo a colección máis extraña que vin ata hoxe baseada no mundo dos videoxogos, e qué queredes, véxome na obriga de amosárvola.
Que ten que haber xente para todo, xa é sabido por todos, pero a qué mente enferma se lle ocorre crear un poni de xoguete baseado nos xogos máis famosos?(supoño que as substancias psicotrópicas axudarían un pouquiño…)
O resultado é o seguinte:
Silent Hill: Sen dúbida o máis logrado. Qué mete máis medo?, o protagonista de Silent Hill 2 Cabeza de Pirámide ou un poni de Cabeza de Pirámide?
Gears of War:O segundo lugar no podio é para este par de ponis, Marcus-poni e Locust-poni.
Link : os catro seguintes estarían ao mesmo nivel do podio ( detrás del ), empezando polo protagonista de Zelda.
Zelda: a propia princesa Zelda.
Iron Man : sobran as palabras
Terra Brandford: pertencente ao título Final Fantasy VI
E despois de amosarvos isto , penso.
Quén está peor, os creadores destes bonecos ou eu por darlle a suficiente importancia como para incluilos na miña Memoria?
Vós sabedes a resposta?…