Vídeos de Scribblenauts

Por: Sábado, 8 de Agosto de 2009

Scribblenauts, un deses xogos que aparecen sen facer moito ruido, vai captando adeptos grazas a súa proposta innovadora, e que, ou moito me equivoco, ou dentro duns meses non se falará doutra cousa.

Aínda non sabedes o que nos propón este título? , continuade lendo. O xogo recoñecerá as palabras que escribamos para convertelas en obxectos, animais , monstros, ou todo o que se lle ocorra a nosa mente enferma pixelada plasmar en letras.

Como vale máis unha imaxe que mil palabras, déixovos este par de vídeos para que vos fagades unha idea do que nos imos atopar.

Despois de ver estes vídeos surxen algunhas dúbidas. Recoñecerá tantas palabras como prometen? no seu desenrolo primará a diversión ou esta innovación pasará á historia como unha simple curiosidade?

Por agora estas cuestións quedarán sen resposta, pero ben é sabido que toda innovación e orixinalidade trae da man un gran risco.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario