Vale, non é que sexa moi seguidor de simuladores de conducción, polo que cada vez que sae un arcade competitivo como pode ser Blur , unha certa alegría invade o meu organismo pixelado.
Pero isto non quita para que o meu desprezo sobre o “hype” creado por Bizarre Creations ao arredor do seu título sexa inalcanzábel. E todo isto nace á raíz dun dos responsábeis da compañía o cal compara Blur co todopoderoso Mario Kart. Quérennos facer parvos?, alguén pensa que a diversión de Blur superará á do xogo de conducción de Mario?.
Pois claro que non, e non me gusta que se aproveiten desa forma da fama dun dos xogos máis divertidos da historia (si, da historia).
O 3 de novembro foi a data sinalada para a saída de Blur, e non vou ser tan hipócrita para negar que teño ganas de probalo, pero o que verdade me molesta é a política de márketing que seguíu este proxecto.