O sangue chega aos tráilers de Fairytale Fights

Por: Mércores, 5 de Agosto de 2009

Fai uns meses comezouse a falar deste título, pero a parte dun innecesario “teaser” do cal pouco se podía sacar, non soubemos nada máis del.

Agora podemos ir completando a nosa información deste curioso videoxogo con estes dous vídeos cheos de colorido, fermosura, plataformas e … sangue, moita sangue. Debaixo desa pel de xogo infantil, escóndese un proxecto da carácter adulto ( será polos litros de líquido corporal vermello?, será polo uso de obxectos cortantes e perigosos por parte de rapaces que case non saben nin camiñar sen axuda dun “taca-taca”?), no cal o uso de motoserras e machetes por estes personaxes será fundamental.

Era de esperar algo sanguento, pero tanto…

Como vedes, o resultado é máis que satisfactorio debido á mestura entre temática infantil (con este apartado gráfico minimalista e colorido) e á crueldade máis intolerábel, anacos de corpos esparcidos, sangue salpicando todo.

Aínda non tedes ganas de probalo?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario